#Fotolingua

O Concello de Santiago de Compostela, desde a área de Lingua Galega e a través da páxina:
https://www.facebook.com/fotolinguacompostela/ e do perfil de Instagram www.instagram.com/fotolinguacompostela/
organiza o concurso #fotolingua no que poderán participar todas as persoas usuarias destas redes maiores de idade, residentes no Estado español e seguidoras desta páxina ou perfil.
Para participar, as persoas interesadas deberán facerse seguidoras da páxina ou do perfil #fotolingua en Facebook ou en Instagram.
Despois deberán compartir unha fotografía na que se amose o galego na paisaxe empresarial e comercial do territorio de Santiago de Compostela.
A imaxe deberá recoller calquera mostra do uso da lingua galega en establecementos comerciais, hostaleiros ou de calquera outra empresa onde se perciba o emprego habitual da lingua: cartelería, escaparates, elementos decorativos, letreiros, etiquetaxe, sinalética...
A foto deberá publicarse acompañada dos tres cancelos do concurso (#establecementoengalego, #fotolingua, #ogalegovende), asemade deberá subirse na páxina de Facebook de #fotolingua, no caso de empregar esta rede. De empregar Instagram, deberase etiquetar na imaxe o perfil de #fotolingua correspondente a esta rede, e acompañar a imaxe dunha identificación que permita situala (nome do establecemento, enderezo e/ou localización xeográfica) e dun comentario, se ven acaído. Pódense publicar tantas fotos como se desexe.
É condición indispensábel que as imaxes dos participantes neste concurso se suban á rede como PÚBLICAS en Facebook e tamén en Instagram. Deste xeito serán visíbeis para todo o mundo, e só así poderán ser recollidas pertinentemente polos administradores do concurso.
A organización poderá retirar as imaxes que considere ofensivas.
Este concurso só terá validez no territorio do Estado español desde o 8 ao 29 de maio de 2017, ambas as datas incluídas.
Establécense dúas categorías no concurso:
· A imaxe que obteña máis «gústame» en Facebook, ou «likes» en Instagram na súa publicación orixinal.
· A imaxe seleccionada pola organización, en función da súa orixinalidade e capacidade para transmitir valor positivo á lingua.
As persoas que publicaran as imaxes gañadoras obterán cadansúa cámara Polaroid Snap.

http://www.santiagodecompostela.gal/medi/departamento/atencion_cidadan/Lingua_galega/Fotolingua/bases-fotolingua.pdf

Comentarios