Quinta edición de Cultivando Deseño


Collede papel e lapis porque abre o prazo de inscrición de Cultivando Deseño! Este ano o teu deseño pode converterse na imaxe do merchandising do Festival da Luz.
O deseño gañador converterase na "imaxe" do merchandising oficial do Festival e conseguirá unha invitación dobre ao evento con aloxamento incluído para dúas persoas durante dúas noites. Ademais tamén levará un fantástico pack do Festival da Luz 17!.
Bases
- Poderán participar todos aqueles ilustradores ou deseñadores que o desexen, sen limitación de idade, estilo ou técnica.
- Cada participante poderá presentar un máximo de 3 propostas.
- As ilustracións ou deseños deben utilizar unha única tinta e debe conter o texto "Festival da Luz". A técnica é libre e poderanse utilizar, opcionalmente, elementos corporativos da marca (exemplo: logo).
- No formulario de inscrición indicaranse o título da obra, que deberá coincidir en todo caso co de material enviado.
- O deseño debe presentarse en tamaño A3 e formato JPG ou PDF.
- Todos os participantes deberán enviar, obrigatoriamente, por correo electrónico á dirección festivaldelaluz2017@gmail.com a obra en formato JPG ou PDF indicando: nome da obra, nome completo do autor, email e teléfono de contacto.
Os participantes poderán enviar, opcionalmente, o material por correo ordinario a:
V CONCURSO CULTIVANDO DESEÑO
Asociación Cultural Festival da Luz
c/ Rúa Pedreira nº44 nave Rial de Laraño
15897 Santiago de Compostela
Premios
Primeiro premio: deseño do merchandising oficial do Festival e concesión dun espazo propio de exposición dentro do recinto do Festival da Luz 2017. Unha invitación dobre ao evento con aloxamento incluído para dúas persoas durante dúas noites e un pack Festival da Luz 17.
Segundo e terceiro premio: As obras que queden en segunda e terceira posición serán expostas nun espazo habilitado dentro do recinto do Festival. Os seus autores recibirán unha invitación dobre ao evento.
O prazo de inscrición queda aberto ata o 28 de xullo de 2017
Toda a información para participar en: http://festivaldelaluz.es/cultivandodiseno

Comentarios