Axudas a Anpas de centros de educación especial

A Consellería de Educación convoca axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2017.
Requisitos
Poderán solicitar estas axudas as federacións e confederacións de pais de alumnos, así como as asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial que, con anterioridade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, estean inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de maio de 2017
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED507A
Máis información no DOG do 19 de abril de 2017 e en www.edu.xunta.es

Comentarios