Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

A Escola Galega de Administración Pública convoca un concurso de literatura para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Poderán optar aos premios as nenas e nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
Como se participa?
Presentarae unha solicitude dispoñible en https://sede.xunta.gal co código P5775A.
Coa solicitude irá un sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición «Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas», no cal constarán o pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá:
1. O texto do conto en folio formato A4. Na cabeceira indicaranse exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo. Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.
2. Un sobre pequeno pechado no cal constará o pseudónimo e o título do conto. Este sobre conterá os seguintes documentos:
– Boletín de inscrición (anexo II), que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
– Fotocopia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso.
Premios por cada unha das modalidades
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros
O prazo para a presentación das obras estará aberto ata o 16 de xuño e poden presentarase en calquera oficina de rexistro da Xunta ou dos concellos.
Máis información en http://egap.xunta.gal

Comentarios

Entradas populares