VII Certame de Cinema OUFF Escola


O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) convoca o VII Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 22.ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense
Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2016-2017, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.
Estabelécense dúas categorías:
A) Infantil e primaria
B) Outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son)
As obras deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Todos os traballos estarán en lingua galega.
- Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados, e non presentados con anterioridade a este certame.
- Modalidades: ficción, documental, animación.
- Duración: até 20 minutos, créditos incluídos.
- A temática será libre.
- Excluiranse os traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
- As obras presentaranse en formato dixital.
- Cada traballo non deberá conter máis dunha obra e deberá estar en perfecto estado para a súa proxección.
- Cada obra irá identificada co título, a duración e o centro de ensino de procedencia.
- De apareceren menores de idade, deberán contar coa autorización paterna e/ou materna.
- Calquera apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son- é responsabilidade directa do profesor/a ou titor/a.
- Todo o proceso de creación da película (interpretación, dirección e guión) deberá ser realizado polo alumnado ou membros da comunidade escolar.
A inscrición formalizarase enviando o cuestionario que aparece na sección de OUFF Escola da páxina web do Festival www.ouff.org  antes do 3 de xullo 2017, totalmente cuberto e asinado polo profesor ou profesora responsábel do audiovisual.
Estas inscricións enviaranse ao seguinte enderezo:
Concello de Ourense
(OUFF Escola)
Praza Maior, 1
32005 Ourense
Para a recepción dos traballos facilitaráse un link privado da película e a súa clave de visionado a través de vimeo ou semellante que se enviará ao correo eléctrónico:
ouffescola@ouff.org
As curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos web:
www.ouff.org 
www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion_linguistica
OUFF Escola concederá os seguintes premios:
Categoría A
1.º Premio: seiscentos euros para o centro
2.º Premio: catrocentos euros para o centro.
Premio Blanco Amor ao Mellor Guión: trescentos euros.
Categoría B
1.º Premio: seiscentos euros para o centro.
2.º Premio: catrocentos euros para o centro.
Premio Blanco Amor ao Mellor Guión: trescentos euros.
A entrega de galardóns realizarase no marco do 22º Festival de Cine Internacional de Ourense, no cal se proxectarán os traballos gañadores nas salas cinematográficas vinculadas ao Festival
Bases e ficha de inscrición:  http://www.ouff.org/bases-fichas-ouff-escola/

Comentarios